Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010

A moura e a serpe de Taboexa

No libro escrito por Vitor Vaqueiro "Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria" hai unha referencia á lenda da moura do coto de Altamira, na parroquia de Taboexa (As Neves). Transcribo literalmente a referencia que se fai no devandito libro: "Da asociación entre moura e serpe dá conta tamén un relato de grande fermosura, procedente de Candón-Taboexa-As Neves. Segundo a crenza, no lugar de Moreira, nun coto coñecido polo nome de Altamira, vive unha moura, que ficou alí gardando tesouros cando se producíu a marcha dos seus restantes conxéneres. Esta moura, dise, leva na cabeza un anelo cunha figura de serpe que, sorprendente e analogamente ao mito da Medusa Gorgona, petrifica a todo aquel que a olle".