Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

Fotos del Otoño

Imagen
Kiwi caprichoso- Colores del Otoño-Setas

O "Proxecto Ronsel"

As regueifas ou desafíos cantados, as lendas, os oficios tradicionais e os saberes ligados aos traballos da terra e do mar son exemplos do patrimonio cultural galego. Trátase dunha parte importante da nosa cultura, que se pretende recuperar e poñer en valor a través do Proxecto Ronsel Con este proxecto pretendese evitar a desaparición das formas inmateriais do noso patrimonio inseríndoas na economía e na sociedade da Galiza actual. A acción coordenada da Consellería de Cultura, AGADER e o traballo dos investigadores das tres universidades galegas permiten por en marcha medidas conxuntas para aproveitar ao máximo as sinerxias. Os dous aspectos nos que pon énfase o Proxecto Ronsel son por unha banda a investigación e por outra a promoción. No que se refire á investigación, búscase facer un inventario completo do patrimonio inmaterial e contactar coas persoas e grupos que manteñen vivo o noso patrimonio inmaterial e aqueles que traballan a prol da súa conservación. No que se refire á p

A lenda "O Boi de San Nomedio"

A lenda conta que alí os mouros fixeron un boi de ouro para adoralo, e deixárono enterrado. O boi cobrou vida e segue debaixo dun penedo, ó que chega, por debaixo da terra, un brazo do mar. Por iso ninguén pode mover o penedo para intentar ver ou coller o boi de ouro. Se alguén o fai, o mar inundará todas as aldeas de arredor, polo que non é moi aconsellable ir alí buscar o boi, non vaia ser...