Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2010

Taboexa en Bos Aires

No progama ALALA do 12 de maio de 2008, adicado ó grupo "Lembranzas da Terra" de Bós Aires, pódese ver unha interpretación musical titulada "Chiqui, chiqui, xota e ribeirana de Taboexa" (minuto 3:58). Tamén faise referencia a unha muller, chamada María de As Neves, que nesa data tiña 101 anos (minuto 5:28), e que aportou e promoveo o folclore ás xeracións posteriores de fillos de galegos en Bos Aires. O enlace para ver o video é o seguinte: http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_tvg/ALALA_20080512.asx Na páxina web do grupo "Lembranzas da Terra", hai unha explicación do baile "Chiqui, chiqui, xota e ribeirana de Taboexa". Este baile tiña lugar nos "serán" (nome co que se da ás festas veciñáis no sur de pontevedra) de Taboexa, tal como os lembran María (101 anos) e as súas fillas Herminia y Rosa, todas elas nacidas en dita localidade, e residentes en Florida (Zona sur de Bos Aires).