O "Proxecto Ronsel"

As regueifas ou desafíos cantados, as lendas, os oficios tradicionais e os saberes ligados aos traballos da terra e do mar son exemplos do patrimonio cultural galego. Trátase dunha parte importante da nosa cultura, que se pretende recuperar e poñer en valor a través do Proxecto Ronsel

Con este proxecto pretendese evitar a desaparición das formas inmateriais do noso patrimonio inseríndoas na economía e na sociedade da Galiza actual. A acción coordenada da Consellería de Cultura, AGADER e o traballo dos investigadores das tres universidades galegas permiten por en marcha medidas conxuntas para aproveitar ao máximo as sinerxias.

Os dous aspectos nos que pon énfase o Proxecto Ronsel son por unha banda a investigación e por outra a promoción.

No que se refire á investigación, búscase facer un inventario completo do patrimonio inmaterial e contactar coas persoas e grupos que manteñen vivo o noso patrimonio inmaterial e aqueles que traballan a prol da súa conservación.

No que se refire á promoción, puxéronse en marcha as Mostras de Patrimonio Cultural Inmaterial, que se celebran anualmente para dar a coñecer a importancia e riqueza destes saberes e tradicións. Creouse ademais a web http://webs.uvigo.es/ronsel/, con información sobre o proxecto, novas e eventos relacionados co patrimonio cultural inmaterial e manifestacións dese patrimonio recollidas en distintos soportes.

Uns exemplos desta divulgación do patrimonio inmaterial, son unha serie de vídeos explicativos de cómo se constrúen uns sinxelos instrumentos musicáis tradicionáis.







Comentarios

Entradas populares de este blog

Xogo popular de Taboexa: "Lambonciño"

El mítico Monte Medulio en As Neves