"No voi sola" do grupo ARDENTÍA

O grupo de música tradicional “Ardentía” recolléu unha xota popular chamada “No voi sola”, aprendida de Yolanda e Enriqueta de Meder (Salvaterra de Miño). Nesta peza, faise referencia á un serán de Leiradiño, en Taboexa (As Neves). A letra da xota e a seguinte:

NO VOI SOLA, NO VOI SOLA
Ó SERÁN A LEIRADIÑO
NO VOI SOLA, NO VOI SOLA
QUE ME PERDO NO CAMIÑO

QUE NO VOI SOLA CONTIGO AL BAILE
QUE NO VOI SOLA, VOI CON MI MADRE

DENTRO DO MEU PETO TEÑO
DOUS MUIÑOS A MOERE
UN ANDA I OUTRO DESANDA
ASÍ FAI O BEN QUERERE

QUE NO VOI SOLA CONTIGO AL BAILE
QUE NO VOI SOLA, VOI CON MI MADRE

DICEN QUE LAS HAI LAS HAI
DICEN QUE LAS HAI BONITAS
LAS CRIADAS DE SERVIRE
PERO NO LAS SEÑORITAS

QUE NO VOI SOLA CONTIGO AL BAILE
QUE NO VOI SOLA, VOI CON MI MADRE

NO VOI SOLA, NO VOI SOLA
AL JARDIN DE LA ALEGRÍA
NO VOI SOLA, NO VOI SOLA
QUE SIN TI ME PERDERÍA.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xogo popular de Taboexa: "Lambonciño"

El mítico Monte Medulio en As Neves